Os obxectivos de partida que se perseguen coa Estratexia da Cultura Galega son diversos e poñen o foco en dez retos prioritarios:
- Consolidar unha visión social da cultura como valor esencial e imprescindible para o desenvolvemento integral da sociedade, e a valoración da lingua galega como instrumento-clave da nosa identidade cultural e activo útil para a cidadanía.
- Estimular a produción cultural (profesional e afeccionada) e a súa distribución.
- Facilitar o acceso á cultura (ampliación de públicos, inclusión social) e favorecer a participación da sociedade no seu financiamento.
- Promover a cooperación institucional e a boa gobernanza da cultura (administración autonómica, local e provincial; novas sinerxías educación-cultura; Xacobeo; medios de comunicación públicos): corresponsabilidade, coherencia, eficiencia, participación, racionalización dos recursos, vertebración do territorio.
- Consolidar o tecido industrial creativo.
- Impulsar a salvagarda e a difusión do patrimonio cultural de Galicia como un recurso vivo e accesible.
- Avanzar na proxección exterior e a internacionalización da produción cultural de Galicia (posicionamento da marca “Cultura de Galicia”; proxección da Cidade da Cultura de Galicia; vínculos coa Galicia exterior).
- Potenciar o posicionamento da cultura galega no marco da sociedade dixital.
- Apoiar a innovación cultural e a transversalidade da creatividade nos sectores produtivos, así como a colaboración entre as institucións públicas e privadas no ámbito da cultura.
- Continuar co proxecto da Cidade da Cultura de Galicia como colaborador do emprendemento, da tecnoloxía e da programación da cultura galega.