Novas


17/07/2014
A compañía Pista Catro fará gozar os máis novos co seu espectáculo de novo circo na praza das Praterías, mentres o Salón Teatro acollerá a función ‘Aurora’, de Elefante Elegante

16/07/2014
O conselleiro de Cultura cualificou a exposición como “un novo vencello da capital de Galicia e da meta europea da espiritualidade cos importantísimos movementos de tradición creativa do noso continente”

16/07/2014
Os setenta seleccionados poden consultar o listado en www.cidadedacultura.org e deberán confirmar a súa praza vía email antes do 1 de agosto

15/07/2014
No acto institucional promovido pola Fundación Rosalía de Castro, o secretario xeral de Cultura referiuse á escritora como “un ben central da nosa cultura” e recordou que “moito do que hoxe somos llo debemos ao que ela nos anticipou”

15/07/2014
Así o salientou o conselleiro de Cultura e Educación na súa comparecencia no Parlamento para falar das últimas novidades do programa cultural do Museo e dos avances para a reapertura da súa sede principal

15/07/2014
O presidente do Goberno galego acadou este compromiso co alcalde de Santiago nun encontro, onde avanzaron o proxecto de creación do Bosque de Galicia, unha intervención paisaxística de posta en valor do contorno da Cidade da Cultura

15/07/2014
O Portico of Galician Literature, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe un fragmento traducido das súas obras e información biográfica

14/07/2014
A exposición, que percorrerá 15 municipios ao longo de 2014, forma parte da programación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para renderlle homenaxe a este poeta, ao que se lle dedicou este ano o Día das Letras

14/07/2014
O pop hipnótico e optimista de Aries inundará a praza central do Gaiás o xoves a partir das 21 horas

14/07/2014
O conselleiro de Cultura e Educación e o alcalde de Ortigueira presentaron hoxe en Santiago a trixésima edición do Festival Internacional do Mundo Celta, que se desenvolve do 17 ao 20 xullo na localidade coruñesa
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 822
- 823
- 824
- 825
- 826
- 827
- 828
- 829
- 830
- …
- seguinte ›
- última »