Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais da Consellería de Cultura e Turismo de temática cultural.

Unidade didáctica dirixida ao alumnado de educación infantil, para coñecer e traballar a obra do pintor ourensán Xaime Quessada.

A proposta didáctica conta cun caderno para o alumnado e outro, cunha información máis completa, para o...

Publicación do libro-CD coas obras finalistas da VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.Nel está o traballo do xornalista César Carracedo, gañador do premio do xurado en 2014 pola obra ‘Explotados’. O seu traballo viu a luz nun novo...

O libro infantil e xuvenil constitúe un dos mellores referentes da calidade e da riqueza creadora da cultura galega actual, grazas ao labor dos  escritores e ilustradores, xunto coa profesionalidade das firmas editoriais e colectivos técnicos que...

Memoria de actividades de Cultura da Xunta de Galicia 2014 ofrece un resumo informativo das actuacións promovidas durante este ano no ámbito transversal da cultura. Trátase dunha publicación que permite coñecer as iniciativas,...

Elízara, lugar onde non estiven é o catálogo da mostra que se expón na Casa da Parra do 20 ao 5 de abril de 2015.

A pintura figurativa de Guerreiro é a protagonista desta primeira exposición do ano da Casa da Parra, que está...

Cartel de Espazos Sonoros 2014

O conxunto de actividades e concertos que cada ano propón Espazos Sonoros convidan a vivir colectivamente a riqueza patrimonial galega, espallada polo conxunto do territorio, a través dos sentidos e co poder engaiolante da música. A sétima...

O catálogo recompila os retratos dunha soa liña que levou a cabo Manuel Penín (Ourense, 1972) na compostelá Casa da Parra, que transformou no seu propio estudio. Neste espazo, o  que é considerado un dos artistas máis sobranceiros do momento...

Consellería de Cultura e Educación

Memoria de actividades de cultura 2013

A memoria estrutúrase en dez capítulos, nos que se abordan as estratexias e intervencións máis importantes do último ano no ámbito do libro e da lectura, do sistema arquivístico, da protección e conservación do noso patrimonio cultural, das...

Material de apoio para fomentar a lectura na infancia

Guía de poesía (3 a 8 anos)

Dinamizar entre os máis novos a lectura do xénero poético é o obxectivo principal da Guía de poesía, un material de apoio para as persoas adultas que traballan no fomento da lectura na infancia promovido pola Asociación de Investigación en...

Consellería de Cultura e Educación e Gálix

Catálogo libros infantís e xuvenís de Galicia 2014

Esta publicación inclúe un total de 148 títulos, dos que se ofrece información en galego, inglés e castelán. O obxectivo principal da obra é facilitar as relacións no ámbito galego e internacional dos axentes da industria do libro e a súa...

Páxinas