Instalacións

Os traballos relacionados coa operación, mantemento e conservación das infraestruturas relacionadas coas comunicacións e a produción e transporte de enerxía existentes e en uso non estarán sometidas á autorización da DXPC. Non será necesaria a autorización nas intervencións directamente ligadas coa actividade das instalacións dedicadas á produción de enerxía, nomeadamente as presas dos encoros e os seus elementos de control, as súas comportas, canles e conducións, as centrais e edificios auxiliares (almacéns, talleres, estacións de aforamento)  e subestacións existentes.

No caso das redes e tendidos para o seu transporte, cando se produzan cambios nas dimensións e materiais dos soportes ou cando sexa preciso incorporar novos elementos auxiliares non previstos cunha evidente presenza física, ou cando se afecte o subsolo en ámbitos baixo cautela pola súa potencialidade arqueolóxica, tamén será precisa a autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.