A programación de espazos na rúa para lle dar visibilidade ao libro e para favorecer un achegamento doado á produción editorial galega é unha das liñas de actuación permanente desenvolvida pola Secretaría Xeral de Cultura, en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia.
As Feiras do libro de Galicia celébranse cada ano en diversas vilas e cidades galegas, nos meses de primavera e verán, con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, que se completa cunha extensa programación de actividades paralelas, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc., que fan destes eventos unha cita de alto interese cultural.
Galería de imaxes das Feiras do Libro de Galicia 2017
FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA 2018
Verín: do 16 ao 18 de marzo
Ferrol: do 19 ao 23 de abril
Santiago de Compostela: do 28 de abril ao 6 de maio
O Porriño: do 10 ao 13 de maio
Lugo: do 15 ao 20 de maio
Ourense: do 30 de maio ao 6 de xuño
Redondela: do 7 e o 10 de xuño
Ribeira: do 21 ao 24 de xuño
Vigo: do 28 de xuño ao 7 de xullo
Sanxenxo: do 10 ao 15 de xullo
Rianxo: do 19 ao 22 de xullo
Ponteareas: do 22 ao 29 de xullo
Mondoñedo: do 24 ao 26 de xullo
Viveiro: do 11 ao 15 de agosto
Foz: do 16 ao 19 de agosto
Monforte: do 22 ao 25 de agosto