Evento: O galego, a mulata e o negro
O galego, a mulata e o negro
O galego, a mulata e o negro
Espectáculo de comedia.
Comedia baseada na peza teatral do gran dramaturgo, actor e historiador galego Gustavo Pernas Cora.
Esta obra podería ser unha reconstrución do noso pasado galaico-caribeño representado en cinco actos nos que diversos galegos, mulatas e negros dan vida a quince personaxes que se desenvolven e transforman segundo van transcorrendo os cambios políticos e sociais en Cuba desde 1886 ata 1990. Escravos africanos, emigrantes e mulatas que mostran coas súas andanzas unha panorámica história en clave de humor.
Ligazóns