Evento: Yaíma Orozco

Yaíma Orozco
xoves, 6 outubro, 2022 - 21:00
Rúa da Via Sacra, 3,
Santiago de Compostela

Yaíma Orozco

Yaíma Orozco chega a Galicia por primeira vez, dentro da xira europea de presentación do seu quinto disco "Mi libertad" (Premio Cuba disco 2021, a mellor disco de Trova)

Yaíma Orozco chega a Galicia por primeira vez, dentro da xira europea de presentación do seu quinto disco "Mi libertad" (Premio Cuba disco 2021, a mellor disco de Trova)
Yaíma é a paixón e a alegría do canto, o orgullo de ser muller cubana e americana e a forza de quen vén de abaixo, guitarra en man, para trovar de verdade. Unha das cantautoras cubanas máis destacadas da súa xeración, bebe de toda a tradición trovadoresca que lle precede, con especial fincapé na parte máis popular do xénero. A súa obra está nutrida polo folclore. Tanto polo da súa terra como por calquera outra expresión musical que lle chegue, preñada de usos e significados.As súas composicións profesan son, guajira, bolero, e habanera; tamén tango, folklore latinoamericano, bossa-nova, rock e jazz. Forma parte do colectivo de cantautores La Trovuntivitis, que se creou fai máis de 20 anos en Santa Clara, a súa cidade natal, e co que continúa tocando todos os xoves en El Mejunje, espazo cultural de referencia no país.
 

Máis eventos de tipo Concerto

MFC Chicken
30 de novembro
Sala Capitol
Valentín Caamaño Quartet
30 de novembro
Borriquita de Belém
Real Filharmonía de Galicia: Divertimento
1 de decembro
Avenida do Burgo das Nacións
Sabela King and The HeartBreakers
1 de decembro
Capela do Torrente Ballester