Evento: Xornadas clausura conmemoración centenario Luz Pozo Garza (1922-2022)
Xornadas clausura conmemoración centenario Luz Pozo Garza (1922-2022)
martes, 4 outubro, 2022 - 11:00
Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela Xornadas clausura conmemoración centenario Luz Pozo Garza (1922-2022)
Xornada de reflexión sobre a figura da literatura galega e española.
O Arquivo de Galicia pecha os actos conmemorativos organizados durante este 2022 con motivo do centenario do nacemento da escritora Luz Pozo Garza, cunha xornada na que se reflexionará sobre unha figura tan importante na literatura galega e española a través dunha conferencia e unha mesa redonda. Durante o acto, será presentado o catálogo realizado con motivo da exposición "Constelación Luz", que aínda se pode visitar ata o 17 de outubro no vestíbulo do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso