Evento: Concerto de inicio de temporada

  • Mad Martin Trio no Museo de Belas Artes da Coruña
Concerto de inicio de temporada
venres, 23 setembro, 2022 - 20:00
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Concerto de inicio de temporada

Comezo do ciclo dos concertos de outono

Este concerto, a cargo do grupo compostelán Mad Martin Trio, constitúe un evento festivo dirixido a todo tipo de público, co que o Museo de Belas Artes da Coruña inicia as súas actividades de outono na praza exterior do museo.

 

A mellor banda de Rock ‘N’ Roll clásico da escea galega e, sen dúbida, a que máis público arrastra nos seus explosivos shows, Mad Martin Trio está liderado por Martín Esturao o cal formou parte de bandas galegas tan importantes coma Clan Moriarty, Los Feliz,Tombstones ou Dr. Gringo. O seu primeiro traballo saíu no 2014 e leva o título de “It was a very good year”, tema orixinal de Ervin Drake e que popularizou o gran Frank Sinatra. No 2015 gañaron o concurso “Azkena Rock Party”, festival que se celebra en Vitoria e está considerado dos mellores do país onde tocaron todos os grandes do Rock ‘N´ Roll. Neste 2022 Mad Martin Trio sacará o seu cuarto traballo e presentarase polos escenarios galegos a ritmo do mellor Rock ‘N ´Roll.

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2022: Parquesvr
5 de outubro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
NoitiNHas 2022: Mándale Mecha
5 de outubro
Hotel NH Collection
Ana Bacalhau
6 de outubro
Praza de Santa María
Yaíma Orozco
6 de outubro
Rúa da Via Sacra, 3