Evento: Martins Aneiros Band/Dennis Rollins Velocity Trio

Martins Aneiros Band/Dennis Rollins Velocity Trio
venres, 7 outubro, 2022 - 22:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Martins Aneiros Band/Dennis Rollins Velocity Trio

Festival de blues.

Maritns Aneiros Band
O guitarrista e compositor Víctor Aneiros, nacido en Ferrol en decembro de 1960, cunha longa traxectoria ás súas costas e oito discos publicados ao seu nome, une forzas agora con Paula Martins, nacida na Coruña en novembro de 1968, a que fose vocalista da Big Bottom Band, para crear a Martins Aneiros Band. Este novo proxecto ofrece un repertorio que combina temas propios do guitarrista e que agora podemos escoitar con aire renovado na voz de Paula, xunto a clásicos do Blues, Rock e Soul. A traxectoria deste gran músico ferrolán levouno a percorrer multitude de escenarios en todo tipo de locais e grandes festivais, tanto nacionais como internacionais, entre os que destacan o Festival de Jazz de San Javier, Festival de Blues de Cerdanyola, Festival de Blues de Getxo, Festival de Blues de Hondarribia, Festival de Blues & Jazz de Ribadeo, Festival de Jazz de Montreux (Suíza) ou o Festival de Blues de Santa María (Illas Azores). Foi precisamente ao seu paso polos festivais Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival no verán de 2019, cando se deixou entrever o que acabaría por converterse na Martins Aneiros Band. Paula acudiu como convidada aos devanditos eventos para cantar algunhas das cancións que agora forman parte do repertorio deste novo proxecto. Non obstante a vocalista xa colaborara co guitarrista dez anos antes, cantando unha versión de ?Unha noite na eira do trigo?, himno da emigración galega, na gravación de ?Heroe Secreto?, álbum publicado por Victor Aneiros en 2008.
Dennis Rollins Velocity Trio
Trombonista, compositor, arreglista e educador, Dennis Rollins é un dos músicos mais aclamados na escena do Jazz británico e internacional pola súa gran versatilidade e creatividade. En 2010 formou Velocity Trio, un insólito proxecto, único no seu xénero e incriblemente exitoso, non só pola exquisita mestría dos seus compoñentes, senón tamén polo inusual do seu instrumentación, composta por Trombón, Órgano Hammond e Batería. Dennis lidera o trío co seu poderoso e inventivo trombón, ás veces empregando a electrónica con pedais de efectos, creándo diferentes estados de ánimo, pasando dun enérxico Funk bailable cargado de groove, a melodias suaves e líricas, produciéndo unha mestura estilística distintiva. El é un innovador visceral que acepta o risco e vai máis aló co seu enfoque creativo e vangardista. O diario London Evening Standard comentou "De cando en cando un trío é capaz de producir tan rica e variada gama de tonalidades".

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos