Evento: Ennio. O mestre
Ennio. O mestre
Retrato do músico máis popular e prolífico do século XX, o máis querido polo público internacional, dúas veces gañador do Oscar da Academia e autor de máis de 500 bandas sonoras inesquecibles: Ennio Morricone. Unha fermosa homenaxe en forma de documental conformado por unha entrañable entrevista de Tornatore co Mestre, por testemuños de artistas e directores como Bernardo, Bertolucci, Oliver Stone, Quentin Tarantino, Bruce Springsteen, e tamén por escenas de ficción, fragmentos da súa música e imaxes de arquivo. O documental desvela facetas pouco coñecidas da súa vida privada, como a súa paixón polo xadrez e tamén a orixe dalgunhas das súas brillantes intuicións musicais, como sucede co berro do coiote que suxire o tema d'O bo, o feo e o malo.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual