Evento: Guía animada da exposición “Camiño de papel e estrelas”

  • Guía animada da exposición do Museo Massó
Guía animada da exposición “Camiño de papel e estrelas”
venres, 5 agosto, 2022 a sábado, 31 decembro, 2022
Museo Massó,
Bueu

Guía animada da exposición “Camiño de papel e estrelas”

Animación da exposición do mesmo nome

O Museo Massó inaugurou no mes de xullo a exposición “Camiño de papel e estrelas”, enmarcada dentro da celebración do Ano Xacobeo 2022.

Realiza un percorrido cartográfico polo roteiro marítimo da lenda da Translatio do corpo do apóstolo Santiago desde Palestina a Padrón. O Museo, no seu blog, ven de facer accesible este percorrido cunha animación, na que se pode navegar sobre os mapas e atracar nalgúns dos portos que xurdiron ao longo deste roteiro. Animámosvos a entrar nesta ligazón e “navegar” polos camiños de papel nunha bonita animación na que os elementos tamén “peregrinan”.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

MUPEGA: visita virtual
1 de setembro a 31 de decembro
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)