Evento: Xela contra o dragón Traga-verbas

Xela contra o dragón Traga-verbas
xoves, 29 setembro, 2022 - 19:00
Praza do Concello,
O Porriño

Xela contra o dragón Traga-verbas

Espectáculo de monicreques

A súa protagonista, Xela, de 10 anos, ten que liberar aos seus compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do Dragón Traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces. Trátase a importancia do uso cotián da lingua galega, e da conservación da nosa identidade. A continuación de cada representación, lévase a cabo un obradoiro para traballar os conceptos presentados na obra e recoller os resultados no libro Memoria das Verbas recuperadas.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Xogar, aprender, medrar
7 de decembro, 17:00
Casa da Cultura - Corcubión - A Coruña
O lobo e a lúa
9 de decembro, 20:00
Centro Social - Pontecesures - Pontevedra
Xogar, aprender, medrar
10 de decembro, 11:00
Casa da Cultura - Burela - Lugo
Aí falaches, Castel@
10 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal - Arbo - Pontevedra