Evento: Ghop, Teatro ao Cubo
Ghop, Teatro ao Cubo
Un espectáculo no que crear contextos de socialización en galego que vinculan o presente e o pasado para seguir xerando unha lingua de futuro. Sofía Espiñeira presenta esta proposta da súa compañía, Teatro ao Cubo, na que desenvolven un espectáculo de circo totalmente interxeracional e para todos os públicos, para gozar en familia e dende calquera idade.
Volver xuntarnos arredor dun espectáculo de variedades en galego no que hai clown, maxia, acrobacias, humor, malabares, monicreques... e que recupera a estética clásica dos circos ambulantes de antes. Unha proposta que nos enche de ímpeto e enerxía ao berro de 'Ghop!, que vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra de ímpeto soe completa e o nos chegue chea de forza?