Evento: Elas son artistas: Freedonia

Elas son artistas: Freedonia
xoves, 29 setembro, 2022 - 21:00
Teatro Colón,
A Coruña

Elas son artistas: Freedonia

Concerto do V ciclo metropolitano de Música e Artes.

A súa primeira visita a Coruña foi hai case 10 anos coa presentación do seu primeiro disco na Sala Mardi Gras. Posteriormente actuaron no Centro Ágora, varias veces no Praia Club e no escenario da Praia de Riazor no Festival Noroeste Estrela Galicia facendo bailar co seu soul a miles e miles de persoas.

Freedonia é unha asociación cultural sen ánimo de lucro cuxo propósito é facer música sen as ataduras asociadas aos rigores da industria. Desta maneira establecemos pontes de participación coas persoas que queiran colaborar no proxecto, o que xera unha comunidade cultural aberta e un público tan involucrado que xa forma parte da nosa familia. E é que non todo o mundo ten a sorte de contar con catro discos financiados integramente polo público.

Grazas a este esforzo colectivo, Freedonia conseguiu ser unha banda de referencia na escena musical nacional, que ademais de ofrecer un directo demoledor e produtos fonográficos de calidade, demostra que outra forma de facer as cousas é posible.

En 2012 gravaron o seu primeiro disco FREEDONIA, dous anos despois Dignity and Freedom, en outubro de 2017 editouse o dobre LP Shenobi e en novembro de 2019 presentaron o seu último lp Conciencia. Todos eles autoproducidos, gravados en directo a analóxico e editados en vinilo, sempre coidando o detalle co máximo agarimo. En 2022 regresan con novos single e enerxías renovadas tras a pandemia.

Máis eventos de tipo Concerto

MFC Chicken
30 de novembro
Sala Capitol
Valentín Caamaño Quartet
30 de novembro
Borriquita de Belém
Sabela King and The HeartBreakers
1 de decembro
Capela do Torrente Ballester
Gabriel Peso trío en concerto
1 de decembro
Borriquita de Belém