Evento: Outra Movida

Outra Movida
xoves, 11 agosto, 2022 - 21:00
Praza do Auditorio,
Nigrán

Outra Movida

Espectáculo teatral de Ainé Producións

Poucos textos poden mellorar o que, para mIn, é o mellor chiste da historia:

Dous borrachos están na barra dun bar e un dille ao outro:

- A túa cara sóame de algo

- Home… son o teu irmán

- Non… de Outra Movida!

Esta é sensación que teño dende non fai moito tempo con esto que se denomina, “Nova Normalidade”. É o mesmo peeeero… doutra forma, é OUTRA MOVIDA.

A vida de todos segue igual pero distinta. A sensación é que todo é novo, que a consciencia social decatouse que nada é para sempre, e iso fainos actuar con unha presa esaxerada por vivir o presente, non vaia ser que todo vaia ao cara*****.

Con esa intención vou falar nesta hora de espectáculo. Contarei todo o que considero importante, do que vivo e do que vivín. Como un testamento de comedia desta nova normalidade, desta “Outra Movida”. A miña xeración, na que me inclúo por omisión, vivimos un cambio de século, unha pandemia, unha revolución tecnolóxica, un volcán, un Deportivo Campión de Liga e un Vigo sen luces de Nadal.

Esta é unha comedia de contos baseado en feitos irreais. Todos os personaxes que saen nas súas historias teñen o nome cambiado para que os poidades identificar facilmente.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona