Evento: O leopardo das neves

O leopardo das neves
martes, 28 xuño, 2022 - 22:00
Numax,
Santiago de Compostela

O leopardo das neves

Proxección da película de Marie Amiguett e Vincent Munier

As altas mesetas do Tíbet. No corazón dos vales virxes e inaccesibles atópase un dos derradeiros santuarios da vida salvaxe, habitada por unha fauna descoñecida e pouco común. Vincent Munier, un dos fotógrafos de natureza máis famosos do mundo, viaxa xunto ao aventureiro e escritor Sylvain Tesson, por quen sente unha gran admiración. Durante varias semanas, percorrerán estes vales na procura de animais singulares e tratarán de avistar o leopardo das neves, un dos felinos máis raros e máis difíciles de abordar.

Esta busca do invisible será unha revelación para Sylvain Tesson. Coa axuda de Vincent Munier, vai aprender descifrar estes lugares salvaxes, volver descubrir a espera, o silencio e a observación. Un regreso á esencia animal do home, a humildade fronte á natureza que será a chave para que esta naza finalmente no seu interior.

  • O leopardo das neves