Evento: I Encontro de cestería no Camiño

  • Encontro de cestería nas Pallozas do Cebreiro
  • Aida Bairos
  • Álvaro Leiro
  • Berit Ida
  • Cande Alonso
  • Carliños "cesteiro"
  • Carlos Fontales
  • Enrique Táboas
  • Idoa Cuesta
  • Joe Hogan
  • Lola Altolaguirre
  • Lola Tourón
  • María Jesús Labrador
  • Maruja Torres
I Encontro de cestería no Camiño
sábado, 2 xullo, 2022 - 11:30
Museo Etnográfico do Cebreiro,
Pedrafita do Cebreiro

I Encontro de cestería no Camiño

Mostra do traballo de cestería con distintas técnicas e materiais

Organizado polo Museo do Castro de Viladonga, o Encontro lévase a cabo no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, e garante a riqueza de experiencias a compartir, pois contará coa participación de artesáns da cestería de moi diferentes procedencias, tanto internacionais, con Joe Hogan (Irlanda), Berit Ida (Alemaña) e Aida Bairos (Portugal), como nacionais, con Cande Alonso (Tenerife), Lola Altolaguirre (Pais Vasco), Carlos Fontales (Segovia) e por suposto, de varias localizacións galegas: Maruja Torres (Mazaricos), Mª Jesús Labrador (Lobeira), Lola Tourón (Carqueixeda), Enrique Táboas (Sanxenxo), Carliños "cesteiro" (Oia), Idoia Cuesta (Outeiro de Rei) e Álvaro Leiro (Pontevedra). A diversidade do emprego das diferentes técnicas e materiais ponse de manifesto nos exemplos de imaxes da creación de cada autor que se achegan. 

O Encontro desenvolverase de 11:30 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. As 20:00 h abrirase unha mesa redonda para poñer en común o tema “A artesanía como produto cultural. Os actores do produto artesanal”.

A información máis completa sobre os artesáns, os seus currículos e contacto, pódese ver no documento anexo.

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Neurociencia, educación e desenvolvemento
7 de xullo a 9 de xullo
Casa da Cultura de Noia / Casino de Noia / Coliseo Noela
Saúde dixital e ciberseguridade
14 de xullo a 16 de xullo
Casa da Cultura de Noia / Casino de Noia / Coliseo Noela
40 anos de autonomía
22 de xullo a 23 de xullo
Casa da Cultura de Noia / Casino de Noia / Coliseo Noela
Noia, a horta da ría
11 de agosto a 13 de agosto
Casa da Cultura de Noia / Casino de Noia / Coliseo Noela