Evento: Celebración do I Aniversario

Celebración do I Aniversario
domingo, 8 marzo, 2015 - 11:00
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (San Cibrao de Lás)
, San Amaro

Celebración do I Aniversario

Programación especial co gallo desta data

Para celebrar o I Aniversario do Parquelo celébrasen un conxunto de actividades para todos os públicos que, ao igual que a entrada ao Parque, serán completamente gratuítas. O programa é o seguinte:

- Visitas guiadas:  con guías especializados polo castro de San Cibrao e pola exposición estable do Centro de Interpretación. As visitas ao castro son ás 12:00h e 17.00h con breves explicacións orientadas ás partes máis destacadas da exposición interior ás 11:00h e 16.30h.

- Obradoiros: a cargo do especialista en arqueoloxía experimental e responsable de actividades das Covas Prehistóricas de Cantabria, José Aurelio García Munúa. O percorrido pola Prehistoria da man de Munúa comeza pcoas exhibicións de lume (11:00 h) e caza (12:00 h) e continúa coa exhibición centrada na pel (16:00 h) e o obradoiro familiar “O comezo da nosa historia” (16:30 h), no que grandes e pequenos experimentan distintas técnicas prehistóricas. 

- Música: actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense (13:00 h)

Recoméndase realizar reserva previa xa que algunhas actividades teñen aforo limitado (reservas@pacc.es ou 988 267 285).

Máis eventos de tipo Outras actividades

Espazo Expositivo de Arturo Baltar
1 de xaneiro a 16 de decembro
Praza de San Cosme e San Damián
A nova colección Colmeiro
15 de abril a 31 de decembro
Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego
II Premio de oratoria "Filomena Dato"
10 de agosto a 1 de xullo
Varios espazos
Visita virtual vestir épocas
Vestir épocas 1860-1960. Visita virtual
12 de febreiro a 31 de xullo
Museo de Belas Artes