Evento: Santi Rodríguez: Espíritu

Santi Rodríguez: Espíritu
venres, 25 novembro, 2022 - 20:30
Auditorio Abanca - Preguntoiro,
Santiago de Compostela

Santi Rodríguez: Espíritu

Espectáculo de humor.

Espírito é o novo espectáculo teatral do actor e humorista Santi Rodríguez. Trátase dun espectáculo que vai máis aló da comedia, porque é comedia do «máis aló». Humor doutra dimensión, porque, se nesta vida as cousas non son fáciles, imaxínache cando apenas sexas un espírito. Unha comedia para morrerse de risa.

Espírito. Hai risa despois da morte?

Hai vida despois da morte? É moi caro? Hai veciños? Que me poño?

Espírito é un espectáculo teatral que non está baseado en feitos reais, pero case.

Santi Rodríguez estivo xa varias veces a puntiño de ?cruzar alén? así que, polo si ou polo non, xa ten a mudanza preparada. Ademais, está empeñado en demostrarnos que está ben rirse cando temos medo, pero que nunca hai que terlle medo á risa.
Porque, se nesta vida as cousas non son fáciles, imaxínache cando apenas sexas un ESPÍRITO.

Un espectáculo que nos mostra que todo o que esperamos ou tememos atoparnos alén é sorprendentemente divertido.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona