Evento: Tecedeiras. Arte e Talento na Sombra. Colección Manuel Rodríguez Calviño

  • Exposición Tecedeiras no Museo Etnolóxico, en Ribadavia
  • Exposición Tecedeiras no Museo Etnolóxico, en Ribadavia
Tecedeiras. Arte e Talento na Sombra. Colección Manuel Rodríguez Calviño
luns, 2 maio, 2022 a xoves, 30 xuño, 2022
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Tecedeiras. Arte e Talento na Sombra. Colección Manuel Rodríguez Calviño

Creacións artesanais de enxoval doméstico

Na mostra expóñense varias pezas de enxoval doméstico tradicional, formada por nunha colección de colchas ou cobertores seleccionadas entre máis de noventa pezas de tecido popular galego, e que enriquece as pezas xa habitualmente mostradas no museo. Trátase posiblemente dunha das maiores coleccións privadas en Galicia, na que están presentes obras de toda a xeografía e están representadas a práctica totalidade das técnicas, tecidos e materiais empregados polas nosas tecedeiras ata ben andada a metade do século XX.

Móstranse tamén exemplares de tinguiduras, libros de bordados, nobelos e un tear de flocos (da colección do Museo)

A exposición pódese ver nas salas 5 e 6 do museo.

  • Tecedeiras: Arte e talento na sombra- Manuel Rodríguez Calviño

Máis eventos de tipo Exposición

Serie Amarilla
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Arquivo Fotográfico Pacheco
1 de xaneiro
Casa das Artes
Prehistoria e Antigüedade
1 de xaneiro
Museo de Pontevedra