Evento: Peza do mes: Fíbula de Casaio (Carballeda de Valdeorras)

  • Portada da publicación da Peza do Mes de maio do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Fíbula de Casaio (Carballeda de Valdeorras)
domingo, 1 maio, 2022 a martes, 31 maio, 2022
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Fíbula de Casaio (Carballeda de Valdeorras)

Interesante reflexión sobre o problema do espolio a través da publicación virtual mensual de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Neste caso ademais, pola historia da peza, faise unha interesante e sempre necesaria reflexión fronte ao inmenso problema que supón a espoliación.

A presente peza é unha fíbula nunha pequena placa de bronce, cunhas dimensións de 2,6 x 2,4 cm. Aínda conserva o enganche posterior e parte da decoración xeométrica con restos de esmaltado.

Probablemente peza importada e de certa relevancia social e económica pouco comúns no noroeste peninsular e de cronoloxía de época romana.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características estilísticas, a ubicación cronolóxica e física e a descrición máis polo miúdo, nun estudio, neste caso, a cargo de Carlos Tejerizo-García, Mario Fernández Pereiro e Diego Torres Iglesias. É interesante tamén ter en conta o que os autores expoñen sobre o valor da recuperación do patrimonio espoliado e a colaboración da comunidade.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte. España, artes visuais (1941 – 1975)
5 de abril a 14 de xuño
Museo de Belas Artes
Xornadas de orientación escolar
13 de xuño
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Anfitrionas. Crónicas y cronistas de salones 1890-1930
26 de maio
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Relatos de cascarilla
26 de maio
Forum Metropolitano