Evento: Mércores Investigadores na Biblio
Mércores Investigadores na Biblio
Este mes celebramos Os mércores Investigadores na Biblioteca con Xeitura Teatro que traerannos obradoiros para achegarse á cultura dunha forma lúdica e divertida. Estos obradoiros están pensados para nenos e nenas de 7 a 12 anos.
- Mércores 11: V O C E S F E M E N I N A S
Na historia algunhas voces se escoitaron menos ou foron silenciadas. Faremos que as voces de mulleres da prehistoria, da antiguidade, da idade media ... alcen a súa voz.
Fagamos que se escoiten!
- Mércores 18: M U S E O S D O M U N D O .O P O D E R D O S M U S E O S
Os museos son lugares de descubrimento, ensínannos o noso pasado e abren as nosas mentes a novas ideas, dous pasos esenciais para construír un futuro mellor.
Cómo sería o teu museo ideal?
- Mércores 25: O U R E N S A N A S
Mulleres ourensanas loitadoras e fortes, que romperon coas barreiras que a sociedade impuñalles. Pioneiras en moitos campos, falemos delas e por elas.
Fagamos que se coñezan !
Para asisitir a eles é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono: 988 788385 /386
Máis eventos de tipo Obradoiro