Evento: Florencio Delgado Gurriarán: Compromiso na distancia

Florencio Delgado Gurriarán: Compromiso na distancia
luns, 30 maio, 2022 a sábado, 18 xuño, 2022
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Florencio Delgado Gurriarán: Compromiso na distancia

Exposición Letras Galegas 2022 organizada pola Xunta de Galicia

A exposición mostrará ao público un material no que se entrelazan estas dúas realidades: o espazo onde se criou, que logo se transformaría no locus amoedus da súa literatura, e os poemas que este espazo inspirou. Será un percorrido pola obra do autor a través dos acontecementos vitais que conformaron o seu estilo e argumentario poético:

- Valdeorras, a bisbarra na que naceu: a aldea de Córgomo, a paisaxe vinícola, os castiñeiros, as aves, o río Farelos e o río Sil inspiraron o seu canto telúrico e sensorial.

- A emigración, primeiro á cidade (Ourense) e despois a Castela, Francia e México, morrendo en California en 1987.

- O compromiso co galego e coa consolidación do galeguismo político en Valdeorras.

- A súa participación durante e tras a Guerra Civil artellando a saída de refuxiados políticos cara América.

- O exilio en México e o seu labor na dinamización da cultura galega no exterior.

Florencio Delgado Gurriarán foi unha figura que soubo adaptarse aos cambios que a vida lle propuxo e que nos permite recuperar as memorias da emigración galega, do exilio, da comarca de Valdeorras no primeiro terzo do século XX e a recoñecer a influencia do autor en Galicia.

A exposición pode visitarse do 30 de maio ao 17 de xuño no vestíbulo da biblioteca no horario de apertura.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia