Evento: Festival Terraceo: Berto + Familia Caamagno
Festival Terraceo: Berto + Familia Caamagno
BERTO é o novo proxecto de Alberto Mira. Despois de revolucionar o panorama musical en 2021 con Verto, agora lanza o seu proxecto máis persoal. Estará acompañado no directo dunha sorprendente banda, mesturando o electrónico e o analóxico.
O concerto será o disparo de saída da súa xira de presentación do introspectivo Viaxe ao espazo interior e do festivo e desenfadado E. P. Bailar Chikito. Podemos esperar un concerto dividido en dous partes e cheo de sorpresas e colaboracións. Non te perdas un dos concertos do ano do artista que chegou para cambiar a música galega.
FAMILIA CAAMAGNO están de volta! Os cinco infraseres de Sigüeiro volven máis bailongos e enerxéticos que nunca co seu novo traballo discográfico: HABÍA QUE TENTALO. Neste novo LP os Caamagno despregan un compendio de melodías pop, ritmos frenéticos e retrousos coreables co único afán de facer bailar á mocidade máis dinámica do ESTADO.
Máis eventos de tipo Concerto