Evento: Os temas da arte. España, artes visuais (1941 – 1975)

  • Curso de arte “España, artes visuais (1941-1975) no Museo de Belas Artes de Coruña
Os temas da arte. España, artes visuais (1941 – 1975)
martes, 5 abril, 2022 a martes, 14 xuño, 2022
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Os temas da arte. España, artes visuais (1941 – 1975)

Nova edición do curso anual sobre diferentes achegas á historia da Arte

O curso, de carácter anual, pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque aspectos diferentes na Historia da Arte, dentro das actividades de primavera programadas polo museo para unha maior difusión das súas coleccións.

O ciclo “Os temas da arte” nesta primavera 2022 dedicarase a “España, artes visuais (1941-1975)", todos os martes dende o 5 de abril ata o 14 de xuño. Nesta ocasión, o curso será impartido polo comisario e crítico de arte coruñés Alberto Cartón. O curso centrarase en dar a coñecer a aqueles artistas que en España, concretamente en Galicia e na diáspora americana, crearon unha imaxe-concepto da realidade moderna dende linguaxes artísticas internacionais, aínda que cimentadas en lecturas persoais sobre a historia de España e as súas distintas identidades.

As liñas xerais que se desenvolverán no curso son:

1. Inicios. 1941-1951.

2. 1951-1960. As derivas do surrealismo.

3. Os escintileos artísticos norteamericanos.

4. Formalismo e liberdade.

5. O informalismo español no estranxeiro.

6. Os anos transitivos. A década dos 70.

7. Galicia e a modernidade: compromiso e función.

8. A utilidade política da arte.

Para máis información do contido do curso, premer nesta ligazón do museo.

Lugar: Salón de actos do museo

Horario: de 11.30 a 12.30 h

Prazas limitadas con inscrición previa

Matrícula: 15,00 € (amigos do museo 10,00 €)

Inscrición: mu.belas.artes.difusion@xunta.es e no teléfono 881 881 700 de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Deporte e saúde mental
28 de xuño a 30 de xuño
Casa da Cultura de Noia / Casino de Noia / Coliseo Noela
I Encontro de cestería no Camiño
2 de xullo
Museo Etnográfico do Cebreiro
Neurociencia, educación e desenvolvemento
7 de xullo a 9 de xullo
Casa da Cultura de Noia / Casino de Noia / Coliseo Noela
Saúde dixital e ciberseguridade
14 de xullo a 16 de xullo
Casa da Cultura de Noia / Casino de Noia / Coliseo Noela