Evento: Festival Nómada de Cultura Africana: Conferencia de Felwine Sarr

Festival Nómada de Cultura Africana: Conferencia de Felwine Sarr
mércores, 25 maio, 2022 - 20:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Festival Nómada de Cultura Africana: Conferencia de Felwine Sarr

Conferencia do filósofo de Senegal.

Felwine Sarr é académico, filósofo, economista e músico de Senegal. Docente na Université Gaston Berger de Saint-Louis (Senegal) dende 2007, os seus traballos académicos céntranse, entre outros, nas políticas económicas, a economía do desenvolvemento, a econometría e a historia das ideas relixiosas. En 2010 gañou o Premio Abdoulaye Fadiga de investigación económica e en 2016 foi premiado co Grand prix deas associations littéraires (modalidade de investigación) pola súa obra Afrotopia, traducida e publicada en español pola editorial Catarata. Foi artífice dun informe encargado por Emmanuel Macron, presidente de Francia, para expor a devolución das obras de arte africanas expoliadas durante a colonización.
 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense