Evento: III Semana do Cinema Galego. A poeta analfabeta
III Semana do Cinema Galego. A poeta analfabeta
III Semana do Cinema Galego. A poeta analfabeta
Proxección do documental que retrata a Luz Fandiño.
A poeta analfabeta é un documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que saíu pobre pero cunha profunda conciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. Luz é un testemuño vivo das realidades máis duras do século XX. Por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser vermella.
Ligazóns



