Evento: Silencio
Silencio
Vestido cun traxe de etiqueta dentro do que non acaba de sentirse cómodo, cumprindo co preceptivo protocolo, o dramaturgo, ou seica unha actriz amiga a quen pediu que o represente no solemne acto, vai ingresar na Academia pronunciando un discurso titulado Silencio.
Os seus oíntes son os outros académicos, cos que comparte estrado, e as persoas -familiares, amigos, colegas, autoridades, descoñecidos…- que viñeron a acompañalo esta tarde. Vai falar sobre o silencio na vida e no teatro, quizá tamén sobre o silencio na súa vida e no seu teatro. E, sobre todo, vai viaxar por silencios teatrais ou literarios que marcaron a súa memoria e a súa imaxinación -o silencio de Antígona, o da casa de Bernarda Alba, o da Carta ao pai, o de Woyzeck, o da vida é soño, o da máis forte, o do Gran Inquisidor, o dos fráxiles personaxes de Chéjov, o das estrañas criaturas de Beckett, o de Sancho Bandullo…- e, arrastrado polo desexo de teatro, chegará a interpretalos coma se estivese nun escenario.
Igual que aos espectadores, eses silencios poden enfrontar, a quen escribiu o discurso e a quen agora o pronuncia, cos silencios das súas propias vidas. Quizá quen pronuncia o discurso e quen o escribiu teñan, en cada momento, a tentación de calar. Quizá o silencio, que soporta o discurso e sobre o que o discurso indaga, poña o discurso en perigo. E quizá o máis valioso sexa finalmente, por encima e por baixo das palabras, poder escoitar xuntos o silencio.