Evento: NÓ

venres, 17 xuño, 2022 - 20:30
Auditorio Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo de danza urbana a cargo da Cía. Elahood

“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é” esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea en co-produción co Centro Coreográfico Galego | Agadic.  

O proxecto Nó lanza unha mensaxe contradictoria e anima aos públicos a descifrala por elxs mesmxs. Mentres a compañía afirma “non ter nada importante que dicir”, na súa peza vense mensaxes rotundas que atenden ás necesidades e carencias da situación socio-económica actual. A precaridade laboral, a identidade de xénero ou as novas tecnoloxías, son algunhas das temáticas polas que transita a peza, unha dramaturxia que se achega aos discursos que ocupan o debate actual, anticipando unha ruptura cunhas formas de facer preestablecidas. 

O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada que atende a unha musicalidade concreta. A compañía continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto, a voz e a ironía. 

Onde reside a importancia do importante? 

Debemos subirnos a un escenario sempre coa resposabilidade de defender un discurso? 

Nó é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se rinden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais. 

Intérpretes: Julia Laport e Sabela Domínguez 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Feminíssimas
30 de xuño, 20:30
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Cigarreiras
29 de outubro, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña
Aibô
24 de marzo, 18:00
Casa da Cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña