Evento: Peza do mes: Albarelo da farmacia do colexio Santiago Apóstolo

  • Portada da publicación da Peza do Mes de xaneiro do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Albarelo da farmacia do colexio Santiago Apóstolo
sábado, 1 xaneiro, 2022 a luns, 31 xaneiro, 2022
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Albarelo da farmacia do colexio Santiago Apóstolo

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

O Museo comeza o ano poñendo en valor unha peza única por varias razóns: é a única  conservada da botica de Monterrei, non se conserva outra en Galicia e amosa unha iconografía propia, co escudo da Compañía de Xesús.

Este albarelo chegou ao Museo Arqueolóxico en xaneiro de 1905. A cerámica é de tipo Talavera, con escudos en azul cobalto que destacan sobre o branco, e mide 28 cm de altura por 10 cm de diámetro.

Este obxecto da fe da importancia das boticas e os boticarios nos colexios xesuítas dende o século XVII e ata a súa expulsión, sendo verdadeiros coñecedores de plantas medicinais, compostos e mesmo conxugado coa teoría dos clásicos, formando verdadeiras bibliotecas de temas medicinais.

 

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características estilísticas, así como sobre a formación e a importancia das boticas nos centros xesuítas en Galicia, nun estudio, a cargo, neste caso, de Justo Carnicero Méndez-Aguirre.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte. España, artes visuais (1941 – 1975)
5 de abril a 14 de xuño
Museo de Belas Artes
Peza do mes: Fíbula de Casaio (Carballeda de Valdeorras)
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación de "Baixo o pantano" de Ángela Curro
21 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Sidi, unha viaxe cara á vida
23 de maio
Forum Metropolitano