Evento: Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
venres, 23 xuño, 2023 a venres, 31 maio, 2024
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
A Real Filharmonía de Galiciapresenta a súa nova temporada, a primeira con
Baldur Brönnimann como director artístico e titular, que levará por
título 'Migracións'.
A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa nova temporada, a primeira con Baldur Brönnimann como director artístico e titular, que levará por título 'Migracións'.
A través deste fío argumental proporase que a música actúe coma un espello da realidade. Por iso, a diversidade estará moi presente ao longo de toda a programación: atoparase música de herdanza africana (das compositoras Florence Price ou Hanna Kendall) ou chinesa (coa obra de Huang Ruo The Colour Yellow for Sheng and Orchestra); propostas de épocas e estéticas moi diferentes, desde compositores das Cortes Reais como Boccherini ou Brunetti ata obras de Bach, Haydn, Schubert... ata chegar a Cage ou Mazzoli.
+INFO
Máis eventos de tipo Concerto