Evento: Santiago. Peregrinación, cidade, escola

  • Exposición no MUPEGA de Santiago de Compostela
Santiago. Peregrinación, cidade, escola
martes, 28 decembro, 2021 a xoves, 30 xuño, 2022
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega),
Santiago de Compostela

Santiago. Peregrinación, cidade, escola

Co gallo das celebracións do Xacobeo 2021-2022, póñense en valor pezas do ámbito docente dende outra perspectiva

Dende o 28 de decembro de 2021 o Museo Pedagóxico de Galicia acolle a exposición "Santiago. Peregrinación, cidade, escola" amosando as relacións entre a escola, o fenómeno xacobeo e a cidade de Compostela.

A mostra presenta unha escolma de máis de 70 pezas, na súa maioría procedente de centros educativos e que forman parta do fondo do Museo Pedagóxico de Galicia na actualidade, articuladas en torno a dous eixes principais:

O primeiro xira en torno aos materiais escolares e a propia historia da educación ao longo do camiño de Santiago. Preséntanse así diversos materiais escolares nos que se recolle a figura de Santiago ou ben distintos aspectos do camiño representados cun fin educativo e pedagóxico.

O segundo eixe fai referencia ás institucións educativas que alberga a cidade meta da peregrinación: Santiago de Compostela. Unha representación, sempre incompleta, da educación en diversas institucións: Universidade, Seminario e centros educativos.

Con esta exposición o museo súmase ás celebracións do Xacobeo 2021-2022 ao tempo que recupera e pon en valor pezas do ámbito docente, moitas delas nunca mostradas ao público.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Serie Amarilla
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Arquivo Fotográfico Pacheco
1 de xaneiro
Casa das Artes