Evento: Esquecidas - Mujeres artistas

Esquecidas - Mujeres artistas
mércores, 15 decembro, 2021 a luns, 28 febreiro, 2022
Praza do Toural, 9, 1º,
Santiago de Compostela

Esquecidas - Mujeres artistas

Esquecidas comprende os traballos de 12 mulleres artistas, afastadas en certa medida do circuíto comercial e oficialista, pero con gran importancia no contexto histórico artístico do século pasado.

Esquecidas comprende os traballos de 12 mulleres artistas, afastadas en certa medida do circuíto comercial e oficialista, pero con gran importancia no contexto histórico artístico do século pasado.A mostra reúne e pon en valor unha colección de 20 obras de grandes pintoras que o devir histórico deixou almacenadas nun anaquel do esquecemento.O percorrido expositivo establece un achegamento a diversas vertentes estéticas abordadas por diferentes mulleres creadoras. No espazo todas as obras dialogan ao redor do feito creativo, ben afrontado dunha maneira máis académica ou costumista, ben con tratamento máis contemporáneo; artistas da talla de Oria García Ramirez, Pura Anido ou Carmen Rodríguez de Legísima contrapóñense e amplían o espectro xunto a Olga Sacharoff, Vitoria Durán, Ana  Legido, Maruja Mallo, Rosalía Dans, ou María del Carmen Corredoira, entre outras.Discursos que no seu antagonismo compleméntanse e potencian ofrecendo  relecturas dun amplo espectro que comprende desde mediados do século  XIX a finais do  XX.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia