Evento: Dámoslle volta ao conto
Dámoslle volta ao conto
venres, 21 xaneiro, 2022 - 18:00 a 19:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra Dámoslle volta ao conto
Espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida, con obxectos e monicreques.
A miña avoa, con 14 aniños xa gañaba para manter á familia, non foi á escola, pero o que ela sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a raia seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal. O estraperlo. Outra muller valente e revolucionaria como tantas.
Ela contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade.
Con inscrición previa a partir do 12 de xaneiro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca
Para público familiar, a partir de 3 anos
Uso obrigatorio de máscara
Ligazóns
Máis eventos de tipo Espectáculo