Evento: Espectáculo "As andainas dos Monifates e don Gaiferos"

Espectáculo "As andainas dos Monifates e don Gaiferos"
venres, 3 decembro, 2021 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Espectáculo "As andainas dos Monifates e don Gaiferos"

A cargo Alberto Millán e Xosé Piñeiro

Xa chegan Os Monifates!!!! Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes, cargado dos máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques) que bailan ao son da música que interpretamos. Un día coñecen un simpático peregrino chamado Don Gaiferos e deciden percorrer con el o Camiño de Santiago. Xuntos irán parando nas vilas e lugares que atopen na súa traxectoria, nos que farán unha función para pedir esmola e así poder proseguir a súa viaxe ata Santiago de Compostela.

Esta singular troupe, está formada por once monicreques danzantes. Algúns bailan sós, outros en parella, chegando a bailar catro ao mesmo tempo manipulados por unha soa persoa. O obxectivo principal deste espectáculo, ademais da recuperación dos chamados monicreques danzantes, é darlle un enfoque didáctico co que poder mostrar a rica e variada música e a instrumentación tradicional que se conservan na cultura galega, mesturadas co baile e as historias dos nosos personaxes

Para público familiar a partir dos 6 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 18.00h.

Actividade realizada no marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
Os Mundos de Elisa
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Darbo