Evento: The Funkles
The Funkles
The Funkles
Concerto de pop- rock.
The Funkles é unha formación maioritariamente feminina cuxo amor por The Beatles e os ritmos funk e soul levounos a crear un universo sonoro único que sorprende e fascina a todo o que o escoita.
Desde Santiago de Compostela, The Funkles recrean o repertorio do mítico conxunto de Liverpool dunha maneira inédita, a través de novas interpretacións baseadas en arranxos funk e soul mostrando as cancións de sempre dunha forma diferente, fresca e enriquecida co selo persoal dos grandes músicos que compoñen o grupo.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto