Evento: Concierto de Blackstereo

Concierto de Blackstereo
sábado, 4 decembro, 2021 - 13:30
Naútico de San Vicente,
O Grove

Concierto de Blackstereo

Quen somos? BLACKSTEREO!!

A que vimos? A FACERCHE BAILAR!!

Esta é a premisa coa que nace BLACKSTEREO, a unión de cinco músicos consagrados coa firme decisión de render tributo á nai de todas as músicas. Está no noso ADN, crecemos escoitándoa, aprendimos con ela, emocionámonos e por suposto BAILAMOS, falamos da MÚSICA NEGRA: o Soul, o Rhythm&blues, o Rock&Roll, o Funk....

A BLACKSTEREO non nos gusta copiar, temos alma e imprimímoslla a cada tema do noso repertorio. Entre os nosos santos patróns se atopan Otis redding, James Brown, Little Richard, Solomon Burke, Rufus & Chaka Khan, Stevie Wonder, Sam & Dave e moitos outros aos que rendemos culto. En cada show tentamos revivir aqueles espectáculos da época dourada da música negra, en que as grandes figuras e bandas entregábanse por completo en cada tema;  ritmo, suor e paixón asi somos BLACKSTEREO.

Máis eventos de tipo Concerto

Cancelado
Cotton Time : A habitación da música
30 de abril a 30 de maio
Centro Ágora
Dr. Lola
26 de maio
CC Vialia
Momentos Alhambra: Travis Birds
26 de maio
EME Music Club. Rúa de Alfredo Brañas
Laura Cox Band
26 de maio
Garufa Club