Evento: Concierto de Blackstereo
Concierto de Blackstereo
Quen somos? BLACKSTEREO!!
A que vimos? A FACERCHE BAILAR!!
Esta é a premisa coa que nace BLACKSTEREO, a unión de cinco músicos consagrados coa firme decisión de render tributo á nai de todas as músicas. Está no noso ADN, crecemos escoitándoa, aprendimos con ela, emocionámonos e por suposto BAILAMOS, falamos da MÚSICA NEGRA: o Soul, o Rhythm&blues, o Rock&Roll, o Funk....
A BLACKSTEREO non nos gusta copiar, temos alma e imprimímoslla a cada tema do noso repertorio. Entre os nosos santos patróns se atopan Otis redding, James Brown, Little Richard, Solomon Burke, Rufus & Chaka Khan, Stevie Wonder, Sam & Dave e moitos outros aos que rendemos culto. En cada show tentamos revivir aqueles espectáculos da época dourada da música negra, en que as grandes figuras e bandas entregábanse por completo en cada tema; ritmo, suor e paixón asi somos BLACKSTEREO.
Máis eventos de tipo Concerto