Evento: Peza do mes: Pedra de toque. Castro de San Cibrao de Las

  • Portada da publicación da Peza do Mes de novembro do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Pedra de toque. Castro de San Cibrao de Las
luns, 1 novembro, 2021 a martes, 30 novembro, 2021
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Pedra de toque. Castro de San Cibrao de Las

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos arqueolóxicos- para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Neste interesante artigo, ademais, sirve a peza para reivindicar o papel dos técnicos dos museos e sinalar “a necesidade de continuar co traballo cotiá de revisión permanente dos fondos e de investigación sobre os materiais propios, unha das funcións que distingue os museos dos meros espazos expositivos”.

A peza protagonista deste mes foi achada na campaña de escavación do ano 1992, dirixida polo arqueólogo Celso Rodríguez Cao. Está elaborada mediante pulimento a partir dunha lousa negra, densa e de grao fino. Catalogada como moitas destas pezas como simples “colgantes”, o avance das técnicas e das investigacións permiten redefinir a peza como unha “pedra de toque”, un “utensilio indispensable na determinación da pureza e consecuente valoración do ouro e a prata, nativas ou elaboradas, por parte dos ourives e comerciantes de metais en toda época”.

 

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre o traballo que levou á súa reinterpretación, as referencias antigas e actuais e a complexidade do seu estudio, a cargo, neste caso, de Belén Lorenzo Rumbao.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Isaac Díaz Pardo. Memoria viva
7 de decembro a 31 de decembro
Evento online
Presentación da novela ilustrada: Proyecto InteligLentes
3 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O nunca visto
20 de maio a 23 de decembro
Fundación Luís Seoane