Evento: A biblioteca social | 3ª Xornada de bibliotecas públicas de Galicia

A biblioteca social | 3ª Xornada de bibliotecas públicas de Galicia
luns, 25 outubro, 2021 - 09:30
Auditorio Neira Vilas e Sala 1,
Santiago de Compostela

A biblioteca social | 3ª Xornada de bibliotecas públicas de Galicia

Xornadas promovidas pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

A III Xornada de bibliotecas públicas de Galicia pon o foco na función integradora das bibliotecas e na súa capacidade para estimular a cohesión social, facilitando a participación cidadá e a solidariedade. 

Promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, o encontro celebrarase o luns 25 de outubro no Auditorio Neira Vilas e está especialmente dirixido ao persoal traballador da Rede de bibliotecas Públicas de Galicia. 

Á procura de novas ferramentas e perspectivas para a consolidación das bibliotecas como espazos abertos e participativos, de inclusión e integración, e de relación interxeracional, a xornada procura congregar á comunidade bibliotecaria galega nun foro de diálogo cara a revelación e formulación de novas propostas arredor destas grandes temáticas.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense