Evento: O Candil. Un musical galego
O Candil. Un musical galego
O Candil. Un musical galego
Comedia musical de variedades sobre os escenarios do FalaRedes.
A Escola Galega de Teatro Musical (EGTM) trae ao programa de dinamización lingüística FalaRedes unha obra de teatro musical que xira arredor dos temas do noso cancioneiro popular. Nela pídese a participación do público como convidado a unha festa clandestina no Pavillón Lino da Coruña, en 1919. Ao mesmo tempo, esta comedia de variedades fai un percorrido pola historia sociopolítica e artística de Galicia e os inicios da muller no mundo laboral durante os tolos anos 20.
Ligazóns
Descargas
Máis eventos do ciclo FalaRedes

19 de xullo, 20:30
Peirao de Arcade - Soutomaior - Pontevedra

21 de xullo, 12:00
Casa da Cultura - Moraña - Pontevedra

23 de xullo, 18:00
Campo da Feira - Carral - A Coruña