Evento: Madres Paralelas
Madres Paralelas
Madres Paralelas
Proxección da película de Almodovar.
Dúas mulleres, Janis e Ana, coinciden na habitación dun hospital onde van dar a luz. As dúas están solteiras e quedaron embarazadas accidentalmente. Janis, de mediana idade, non se arrepinte e nas horas previas ao parto está pletórica; a outra, Ana, é unha adolescente e está asustada, arrepentida e traumatizada. Janis intenta animala mentres pasean coma somnámbulas polo corredor do hospital. As poucas palabras que cruzan nesas horas crearán un vínculo moi estreito entre as dúas, que o azar se encargará de desenvolver e complicar dun modo tan rotundo que cambiará as vidas de ambas.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual