Evento: Ciclo Xacobeo Importa- Christian Löffler

Ciclo Xacobeo Importa- Christian Löffler
xoves, 25 novembro, 2021 - 21:30
Sala Mondo Club,
Vigo

Ciclo Xacobeo Importa- Christian Löffler

Concerto do cantante alemán.

Christian Löffler é un virtuoso autodidacta cunha sensibilidade inigualable. A finais dos 90, cando aínda era adolescente, tivo que tirar de enxeño para aprender a producir e, agora, pode presumir de ser un dos produtores máis sutís de techno.

As paisaxes do Mar Báltico modelaron o carácter e son deste artista nado no norte de Alemaña. Isto podería explicar a súa aproximación á electrónica desde unha perspectiva autobiográfica e melancólica. As súas composicións sobordan unha profunda nostalxia mentres as súas bases percusivas guían emotivas melodías e loops vocais cara aos territorios inhabitados da electrónica, como no seu último disco, Graal (Prologue) (Ki Records, 2019), onde reflicte eses envoltorios escuros e fondos introspectivos que xa son marca da casa.

É moi probable que nunca cheguemos a escoitar unha canción alegre de Christian Löffler. Non o dicimos nós, el mesmo afirmouno. Do que estamos seguros é que o seu será un dos directos máis íntimos de Paraíso, pois vén preparado para apuntar ao centro do teu corazón.

  • Christian Löffler - Versailles (Hold)

Máis eventos de tipo Concerto

Brassica Rapa
6 de decembro
Concello de Celanova
The Funkles
6 de decembro
Náutico
Concerto de Jásper e Nébeda
6 de decembro
A Arca da Noe
Concerto de Jásper e Nébeda
6 de decembro
A Arca da Noe