Evento: As Andainas dos Monifates e don Gaiferos

As Andainas dos Monifates e don Gaiferos
xoves, 14 outubro, 2021 - 18:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

As Andainas dos Monifates e don Gaiferos

con Alberte Millán

Os Monifates! 

Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes, cargado dos máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), os cales bailan ao son da música que interpretamos. Un día coñecen un simpático peregrino chamado Don Gaiferos e deciden percorrer o Camiño de Santiago. Xuntos irán parando nas vilas e lugares que atopen, nos cales farán unha función para pedir esmola e así poder proseguir a súa viaxe a Santiago.

Actividade pensada para nenos e nenas a partir de 7 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 desde o venres anterior á actividade.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Al natural
1 de xaneiro
Playa de Cesantes
Sabios, xogos e xograres
21 de outubro
Biblioteca Pública
Sabios, xogos e xograres
21 de outubro
Biblioteca Pública
Sabios, xogos e xograres
21 de outubro
Biblioteca Pública