Evento: Güela-Güela

Cancelado
Güela-Güela
domingo, 15 maio, 2022 - 18:00
Auditorio Manuel María,
O Carballiño
Espectáculo de monicreques a cargo da compañía Galitoon

Manipuladores: Chisco Casteleiro; Ana Conca, Vicky Pérez e Belén González.

Desde sempre, a misión das cegoñas foi de levar os bebés recén nacidos aos brazos dos seus papás, voando sempre en grupos ou bandadas.

Para iso, foron dotadas duns picos longos e fortes, unhas ás grandes e poderosas e unha forma de voar elegante e firme que lles fai poder percorrer  grandes distancias ata chegar aos seus destinos.

Pero un día, Güily, unha pequena cegoña, decidiu que xa era maior para levar un hatillo cun bebé aos seus pais e incorporarse  nunha das bandadas de repartición,pero ao ter o pico cortito, as ás pequenas, pero sobre todo, ao ser aínda pequeno e non poder seguir o ritmo de voo, a negativa da comunidade das cegoñas foi unánime.

Aínda que un día, sen saber moi ben como, as Cegoñas adultas esquecéronse un hatillo cun bebé moi peculiar.

Que pasará a partir de aquí?, Quen levará a ese bebé até os seus pais?...

Aquí comeza a gran aventura e unha historia cargada de diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia pero sobre todo,  o importante que é  voar sempre en grupo e nunca só, para protexermos dos perigos que nos podamos atopar.

 

  

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Rastros
27 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Dreaming Juliet
27 de maio, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Os nenos da varíola
27 de maio, 21:00
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Cris, pequeña valiente
28 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña