Evento: Levántate Xan!
Levántate Xan!
Levántate Xan!
Contos para bebés a cargo de Caxoto
A noite pasada Xan revisou que fixera todas as tarefas: Limpou os dentes, fixo pis, puxo o pixama, .... e meteuse na cama. Pero do que non se deu conta Xan é de que non lle deu de comer ós animais da granxa. Á mañá seguinte cando o galo se ergueu para cantar como todas as mañás deuse conta de que tiña tanta fame que non podería contar. E todo o mundo sabe que se o galo non canta o sol non se levanta... e se o sol non se levanta Xan non espertará para darlles de almorzar ós animais.
Unha viaxe chea de contos, cantigas e xogos na que os bebés se deixarán levar polo ritmo das palabras e o sabor da música en directo. Un espectáculo para bebés de 8 meses en diante.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Espectáculo