Evento: Zenzar novo disco Benvidas ao futuro

Zenzar novo disco Benvidas ao futuro
sábado, 11 setembro, 2021 - 22:00
Praza do concello,
Santa Comba

Zenzar novo disco Benvidas ao futuro

Concerto de Zenzar

BENVIDAS Ó FUTURO é un disco que mira ó pasado (facendo alusión ó primeiro disco da banda, Disparados ó futuro, lanzado no 1997) pero sobre todo ó momento presente.

Apostando polos directos enérxicos e guitarreiros habituais, Zënzar pon voz e música ós problemas persistentes na Galicia do século XXI, como é a eucaliptización do territorio, as políticas do espolio, as loitas das labregas e dos labregos, a historia das mulleres do rural ou a contaminación. Sen esquecerse de mencionar as redes sociais e as novas formas de nos relacionar que trouxo o progreso tecnolóxico, un futuro que agora non parece tan bonito como nolo pintaban...

En resumo, preparádevos para desfrutar dunha longa sesión de rock en galego, dun extenso repertorio onde se inclúen tanto clásicos da banda coma novos temas (que axiña se convertirán en clásicos tamén!)

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A tropa do Doutor Milagre
26 de setembro, 12:00
Carpa Roxy - O Porriño - Pontevedra
Brilla Brilla
26 de setembro, 12:00
Casa da Cultura - Sarria - Lugo
Ao encontro de Martín Códax
26 de setembro, 18:00
Dolmen de Dombate - Cabana de Bergantiños - A Coruña
Le triska inmóbile
26 de setembro, 18:00
Praza Ponte Carreira - Frades - A Coruña