Evento: Festas do Apostolo 2021: Terbutalina

Festas do Apostolo 2021: Terbutalina
xoves, 29 xullo, 2021 - 22:30
Praza de Mazarelos,
Santiago de Compostela

Festas do Apostolo 2021: Terbutalina

Concerto de rock.

Terbutalina é un broncodilatador que se utiliza para o tratamiendo da asma, pero tamén o nome dunha banda de garage punk en galego nacida en 2010 entre Muros e Esteiro (A Coruña). Fieis ao seu carácter irreverente, en máis dunha entrevista afirmaron que se coñeceron nunha reunión de asmáticos.

O seu é mesturar punk e garage para confeccionar cortes frenéticos armados cunha sección rítmica atronadora. Eles falan de gastropunk, e recoñecen como influencias a grupos como Dead Kennedys, The Sonics, The Cramps, Oblivians ou Sinistro Total. Nas súas letras hai moito humor, sátira, irreverencia e textos politicamente incorrectos. Defensores da autoedición, encárganse de editar os seus discos e de poñelos en descarga gratuíta na internet.

Migui Terbutalino (voz principal e guitarra), Mon Terbutalino (guitarra e voces), Samuel Terbutalino (baixo e voces) e Brais Terbutalino (batería e voces) poñen en marcha o proxecto e gravan  Ao vivo in Catoira (Autoeditado, 2011). Un traballo que inclúe oito temas gravados en directo en Catoira (Pontevedra) no que eles mesmos defínense como catro asmáticos e promiscuos jalejos tocando a toda hostia (catro asmáticos e promiscuos galegos tocando a toda hostia).

Lanzan o EP Que-de Leite (Autoeditado, 2011) con tres cortes que serven de adianto de Broncodilatador (Autoeditado, 2011). Un traballo gravado con Víctor Manelson técnico de son- que supón o primeiro medicamento en formato disco da historia de Galicia. Falamos de un estimulante sistémico que dilata as pupilas, os peitos, os glandes e os clítoris, facilitando o amor e as relacións entre iguais. Cada dose de Broncodilatador contén vinte e pico minutos gastropunk a toda hostia. Broncodilatador emprégase de maneira regular para previr a alma dos efectos da merda de música que se pode escoitar polo mundo adiante. Iso si, Broncodilatador  non alivia a fachas, ben pensantes e toda esa clase de peinaconas.

A banda consolídase como quinteto coa entrada de Carlos Terbutalino (batería), encargándose Brais do teclado. Así chega Hostias Para Todos (Autoeditado, 2012), sete novas cancións gravadas en Hertzcontrol Studios (Caminha, Portugal) e mesturadas en Estudos Manelson. Inclúen o tema Hostias na compilación Galician Bizarre II (Galician Bizarre, 2012).

  • Terbutalina - Pura makica (Official Video)

Máis eventos de tipo Concerto

Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira
Maxicamente
20 de xullo
Recinto Feiral de Río
Ecoralia a lambona ecolóxica
20 de xullo
Praza Alcalde Rojo Losada