Evento: Mago Teto: O Camiño do Afiador

Mago Teto: O Camiño do Afiador
sábado, 6 agosto, 2022 - 18:00
Ézaro,
Dumbría

Mago Teto: O Camiño do Afiador

Espectáculo de maxia.

Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX (e practicamente extinguido no século XX) desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns meses, mesmo anos, coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo. Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas, nun show que pode representarse tanto en interior coma en exterior.

Esta última versión vai acompañada dun pasarrúas no cal o ilusionista fai xogos de maxia de cerca aos viandantes. O espectáculo adáptase moi ben para feiras e eventos en exterior, xa que todo vai auto-contido na "tarazana" (nome que recibe a roda en barallete, dialecto dos afiadores) que porta o ilusionista.

  • Mago Teto "El afilador"
Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Ghop, Teatro ao Cubo
9 de agosto
Campo de Revelar (A Boliña)
A eira do Paporrubio
10 de agosto
Boiro
As Armadanzas
12 de agosto
Área Recreativa da Veiga